O Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística, ten unha sección de obras maiores e outra sección de obras menores. O máximo responsable é un arquitecto, e a sección está conformada, ademais, por un aparellador, dous administrativos.
En disciplina urbanística establécese un réxime de inspeccións rutineiras para cubrir o casco urbano de VILALBA, as travesías principais e as VINTENOVE parroquias do municipio. Préstaselle atención especial á zona rural de protección ou reserva da Biosfera.
No seu labor colaboran ca Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) da Xunta de Galicia, á que o noso Concello está adherido dende o 2012.
Instancia Xeral:
Permite tramitar expedientes relativos a trámites xerais; certificacións; denuncias; aprobacións, revisions, infraccións urbanísticas; solicitude informe catastro.
Licenza de Obra:
Permite tramitar expedientes relativos a licenzas e autorizacions urbanísticas de construccion, rehabilitación, e ampliación de edificacións, movementos de terra e de demolición.
Comunicación Previa Obra:
Permite tramitar expedientes relativos a declaracións responsables e comunicacións previas en materia urbanística.
Comuniación previa inicio de actividade:
Permite tramitar expedientes relativos a comunicacións o declaracións responsables de actividades ambientais ou inocuas.
Cambio de titularidade de actividade:
Permite tramitar expedientes relativos a comunicación previa de cambio de titularidade de actividade que non leven pechadas mais dun ano.
Autorización ocupación vía pública:
Permite tramitar expedientes relativos a uso común especial da via pública.
Solicitude primeira ocupación utilización:
Permite tramitar expedientes relativos a trámites xerais; certificacións; denuncias; aprobacións, revisions, infraccións urbanísticas; solicitude informe catastro.
Corta e Saca de Madeira:
Permite tramitar expedientes para a comunicación de corta e saca de madeira con arreglo a ordenanza 47.
Licenza de Segregación / Agregación:
Permite tramitar expedientes relativos a segregacions e agregacións ou reordenacions de parcelas
Declaración Responsable Estabrecemento Público Escpectáculos Recreativos:
Permite tramitar expedientes relativos a comunicacions o declaracións responsables para realizar actividades e espectáculos públicos. Permite xestionar expedientes relativos a autorizacions especiais para celebrar algún tipo de evento que conleve medidas de seguridade cidadá.
Solicitude de Prórroga de Licenza:
Permite tramitar expedientes relativos a modificacións ou renuncias que se produzan sobre licencias urbanísticas, tales como os cambios de titularidade, baixa ou renuncia, prórroga.