PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024

"MANTEMENTO E MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS DE ACCESO A BARBEITAS, GRADUÍN, FABÁS, LIÑARES, GARDAMIL E CABANAS. PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024"

O Concello de Vilalba recibíu un total de 115.352€ para o "Mantemento e mellora de vías municipais de acceso a Barbeitas, Graduín, Fabás, Liñares, Gardamil e Cabanas" a través da Orde do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva.

DESCRICIÓN DO PROXECTO E AS ACTUACIÓNS REALIZADAS

O Concello de Vilalba a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 levou a cabo o mantemento e mellora de varias vías de titularidade municipal mediante a limpeza de noiros, rexeneración da capa de rodadura e colocación de sinais verticais nas parroquias de Sancovade, Goiriz, Rioaveso e Oleiros, no termo municipal de Vilalba (Lugo).

En primeiro lugar, actuouse sobre o acceso a Barbeitas, na parroquia de Sancovade, un vial de titularidade municipal que parte dende o antigo trazado da estrada nacional N-634 e atravesa a poboación de Barbeitas, dando acceso ás vivendas e explotacións gandeiras da zona, ata rematar na estrada municipal 065_268. Así mesmo, conta cunha variante que comeza no P.K. 0+150 (aprox.) e remata no P.K. 0+380, dando acceso ó resto de vivendas da zona. Dita vía principal, conta cun percorrido lonxitudinal de 860 metros, ós que hai que engadir outros 860 metros pertencentes á variante citada.

No referido ao estado previo do vial, a falta de capas superficiais de pavimento provocaba que a superficie non fose impermeable, o que axilizaba de maneira notable o seu deterioro e supoñía un risco para o tráfico de vehículos.

En consecuencia, leváronse a cabo as seguintes actuacións:

  • Limpeza e apertura de noiros nos tramos onde as características da vía o permitiron, facilitando a saída da auga da plataforma cara os terreos perimetrais. Nesa liña, procedeuse á colocación dun tubo de Ø400 mm que permite dar continuidade ós noiros existentes e expulsar as augas conducidas fóra da estrada.

  • Regularización da base da estrada con tratamentos bituminosos saturados con grava (12/16 mm) e pavimentación de toda a superficie con doble tratamento superficial consistente nunha primeira rega con dotación 2 kg/m2 de emulsión ECR-2 saturados con 10 litros de grava 8/12 e unha segunda rega con dotación 1.5 kg/m2 de emulsión ECR-2 saturado con 5 litros de grava 5/8 mm.

  • Colocación de sinalización vertical.

  • Pavimentación de sobreanchos, abanicos e accesos públicos segundo as medicións recollidas en planos e orzamento co fin de aproveitar ó máximo a explanda actual da estrada.

En segundo lugar, actuouse sobre o acceso a Graduín e Fabás, na parroquia de Goiriz, un vial de titularidade municipal que parte dende a estrada nacional N-634 e discorre en dirección Noroeste atravesando o núcleo de Graduín ata rematar no núcleo de Fabás, sende este o único vial de comunicación pavimentado co que contan os veciños, polo que a súa densidade de tráfico é notable para a tipoloxía da vía.

O paso do tempo e o uso provocaron o deterioro da superficie de rodadura, que se atopaba pavimentada, existindo zonas que sufríran deformacións lonxitudinais e puntos onde o pavimento desaparecera, asomando as gravas das capas base.

En consecuencia, leváronse a cabo as seguintes actuacións:

  • Limpeza e perfilado dos noiros.

  • Regularización da base da superficie de rodadura con tratamentos bituminosos saturados con grava (12/16 mm) e pavimentación de toda a superficie con doble tratamento superficial consistente nunha primeira rega con dotación 2 kg/m2 de emulsión ECR-2 saturados con 10 litros de grava 8/12 e unha segunda rega con dotación 1.5 kg/m2 de emulsión ECR-2 saturado con 5 litros de grava 5/8 mm.

  • Pavimentación de sobreanchos, abanicos e accesos públicos segundo as medicións recollidas en planos e orzamento co fin de aproveitar ó máximo a explanda actual da estrada.

  • A altura do P.K. 0+500 existe un punto baixo do perfil lonxitudinal da vía, donde se acumulan as augas de escorrentía en épocas de choivas abundantes ocasionando maiores danos sobre o firme polo que se levou a cabo un reforzo previo da capa base mediante aporte de macadam na marxe dereita da actuación. Así mesmo, tamén se colocou unha obra de drenaxe transversal (Tubo Ø400 mm) complementaria ás existentes.

  • Colocación da sinalización vertical axeitada ao tráfico existente.

  • Impermeabilización e reforzo da estrutura da nova capa de firme, mantendo a súa tipoloxía e garantindo a súa durabilidade e bon estado de rodadura para os próximos anos.

Finalmente, actouse sobre os accesos a Liñares, Gardamil e Cabanas, nas parroquias de Rioaveso e Oleiros. Unha estrada municipal que parte dende a estrada autonómica LU-120 e discorre en dirección Norte-Sur atravesando as poboacións de Liñares, Gardamil e Cabanas, ata rematar na estrada provincial LU-P-6510. Pola súa banda, conta cunha variante que comeza no P.K. 2+120 da actuación e remata no P.K. 3+560, dando acceso ó núcleo de Cabanas dende outra dirección.

Ao igual que no caso anterior, o paso do tempo e o uso provocaron o deterioro da superficie de rodadura, que se atopaba pavimentada, existindo zonas que sufríran deformacións lonxitudinais e puntos onde o pavimento desaparecera, asomando as gravas das capas base.

En consecuencia, leváronse a cabo as seguintes actuacións:

  • Limpeza e perfilado dos noiros.

  • Regularización da base da superficie de rodadura con tratamentos bituminosos saturados con grava (12/16 mm) e pavimentación de toda a superficie con doble tratamento superficial consistente nunha primeira rega con dotación 2 kg/m2 de emulsión ECR-2 saturados con 10 litros de grava 8/12 e unha segunda rega con dotación 1.5 kg/m2 de emulsión ECR-2 saturado con 5 litros de grava 5/8 mm.

  • Pavimentación de sobreanchos, abanicos e accesos públicos segundo as medicións recollidas en planos e orzamento co fin de aproveitar ó máximo a explanda actual da estrada.

  • Á altura do P.K. 0+800 da actuación existe un abanico no entronque cun camiño público de firme ordinario que non contaba con ningunha obra de drenaxe que permitira dar continuidade ó noiro da marxe dereita. En consecuencia, colocáronse 8 metros de tubo de Ø400 mm e aporte de zahorra ata alcanzar a cota da estrada e poder pavimentar o citado abanico para solventar a situación. Así mesmo, no ramal da vía existía outra situación igual que se resolveu da mesma forma.

  • Colocación de sinais verticais de STOP, de 90 mm de diámetro no entronque coas vías provincial e autonómica e de 60 mm de diámetro nos cruces coa variante incluída na actuación.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA