VILALBA (SANTA MARÍA)

Santa María de Vilalba é unha parroquia de Vilalba, na provincia de Lugo. Limita coas parroquias de Lanzós, Mourence, Sancovade e Goiriz.

En 2018 conta con 5.872 habitantes (2.807 homes e 3.065 mulleres).

LUGARES DE INTERESE:

Torre de Andrade, orixinaria do século XIII pero reconstruida en varias ocasións despois das Revoltas Irmandiñas no século XIV. De planta octogonal e 40 metros de altura, reconvertida en Parador de Turismo.

 Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. A través da súa exposición permanente, o Museo amosa un percorrido entretido e didáctico dende o Paleolítico ata a Época Romana.

 Igrexa parroquial de Santa María, de estilo neoclásico, levantada na segunda metade do século XIX baixo a supervisión de Manuel Mato Vizoso.

Ao seu paso por Vilalba, o Camiño Norte amosa o centro histórico da vila e permite gozar da sua animada e variada oferta cultural. Vilalba dispón dunha gran diversidade de servizos e comercios para facilitar a estancia dos camiñantes.

FESTAS:

Feira mensual, primeiro domingo de mes (sempre que non coincida co día 1).

FIV (Festival Independente de Vilalba), última fin de semana de abril.

Feira do Queixo San Simón da Costa, primeiro domingo de abril que non caia a día 1.

San Xoan, 24 xuño.

Festas Patronais de San Ramón (31 de agosto) e Santa María (1 de setembro).

Feira do Capón de Vilalba, feira anual que se celebra antes da Noiteboa.