SAN SIMÓN DA COSTA (SAN SIMÓN)

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita con Vilapedre, Lanzos, Samarugo e Corvelle. Dista da capital da Terra Chá 14qm.
En 2018 conta con 391 habitantes (196 mulleres e 195 homes), a súa poboación encóntrase distribuídos nos barrios de: Acivro | Adaúlfe | Augarrío | O Barreiro | A Besta de Abaixo | A Besta de Arriba | Bodán | A Braña | O Cabradoiro | Cadriño | O Cal | As Campas | Candaído | A Candeei- ra | Carballotorto | Casal | A Casanova | A Casavella | Castiñeira | O Castro | Os Castros | O Cata- doiro | A Chá | O Chao | As Chás | A Costa do Sol | O Coto do Regueiriño | O Coto | A Croa | Es- tremil | As Folgueiras | Folgueiro | Fontarraña | Fontarriba | Os Fornos | Funcasta | Golariz | As He- dradas | A Lagoa | Laxoso | Lobán da Barreira | Lobán de Louros | Os Lobás | Malcán | Mariñanes | Merlos | Mirón | Montemeao | Pardasalbas | Pasarelle | Pedragosa | Penaserra | A Picheira | Pontenova | Porto dos Troncos | Portofermil | Prestes | Pude | Racamonde | A Raña | O Rebola- doiro | O Regueiriño | A Retorta | A Ribeira | As Rocellas | A Seara | Seixoá | Supena | O Tarrelo | Tralomonte | O Traveso | O Valado | Varela | A Veiga de Pude | A Veiga Rubia | A Veiga | Vento- selos | Vilamaior | Vilaragonte | Vilardebín | O Viso | Visodairas

LUGARES DE INTERESE:

A parroquia de San Simón da Costa, é a de máis altitude do Concello de Vilalba co pico Monseivane (929 metros), dende o que domina toda a comarca chairega, conxunto montañoso onde se integra a Serra da Carba.

O templo parroquial, na honra de San Simón, sitúase no lugar do Valado e é considerado “a catedral da Terra Chá” polas súas dimensións. Foi construido entre os anos 1802-1804 en substitución á antiga igrexa que había no mesmo lugar, considerandose a máis grande do Arciprestado ata o 1885.

No seu atrio atópase un dos cruceiros máis antigos da zona, con data do 1793 tal e como consta na súa inscrición. Destaca na base o altar ou pousadoiro de féretros e imaxes, utilizado antano para a celebración de misas no exterior. Outra mostra deste tipo de arquitectura popular atopámola no lugar da Veiga, co cruceiro do mesmo nome.

A capela de San Isidro encóntrase no monte, con advocación a San Cidre, que celebra a súa festa o 15 de maio.

A cultura señorial reflíctese na parroquia nos pazos de Bodán e Pude, a primeira antiga casa dos Sanjurjo, con pastos e regadío nas inmediacións, e o segundo situado entre outras construcións e vivendas, cunha galería de madeira e unha escalinata na fachada principal.

De moito máis tempo atrás é o castro de San Simón da Costa, tamén coñecido como “Castro de Vilarmaior”, onde se atoparon restos cerámicos e outros utensilios das épocas neolítica e paleolítica.

Monte do Monseivane, as súas características convérteno nun miradoiro natural no que gozar dunha estupenda panorámica da comarca da Terra Chá. Neste monte existen múltitude de ríos e o embalse de Pedraslvas que abastece a vila. Ao abrigo desta elevación habitan vacas e cabalos salvaxes, protagonistas dos famosos curros que se realizan na época da rapa das bestas para liberar de pelo e marcar aos animais.

Nesta parroquia fabrícase artesanalmente un tipo de queixo único que deu lugar á D.O. P. San Simón da Costa. O queixo é e forma cónica, tratado con fume de casca de bidueiro.
Como colofón ao percorrido pola parroquia, podemos visitar as queixerías artesanais que se espallan por todo o seu territorio, onde se elabora o singular queixo de San Simón.

Escola Habanera, inaugurada no ano 1913, foi construída coa colaboración  e esforzo dos veciños, e adicada a escola unitaria durante anos para os rapaces de San Simón e de Samarugo, hoxe utilizada como local social.

O traxecto que leva a Muras permite acceder ao monte Monseivane, que con 929 metros de altitude é o pico máis alto da Serra da Carba, conxunto montañoso onde se integra.

FESTAS:

San Isidro, 15 de maio

Nosa Señora, 14 e 15 de agosto

San Simón, 28 de outono

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.