É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que pola súa cara sur bordea ao monte Monseivane e limita coas parroquias de San Simón da Costa, Corbelle, Goiriz e Lanzós. Dista aproximadamente 12 quilómetros da capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 133 habitantes (73 mulleres e 60 homes)
Esta parroquia ten unha superficie de 877 hectáreas, distribuídas nos barrios de: Barreira | Bidueiro | A Calzada | Camba | Campomaior | Casal | Cor- nas | Cornide | Foxo | O Hedreiro | Os Lameiros | Lobán | Os Navallos | O Palleiro | Pardiñas | O Pazo | Pedralba | Penaserra | Porto de Cubas | O Portocego | Reguengo | Remosende | A Ribeira | Rodas | Vacariza | A Veiga
A igrexia parroquial, con advocaión a Santiago Apóstolo. O templo foi construído en diferentes épocas: a nave data do século XII, a súa ampliación do XVI e a fachada principal do XVIII. No interior atópase o sepulcro do que foi o señor de Samarugo, Antonio Pardo Osorio, soterrado no ano 1601, así como o retablo maior moderno procedente da Catedral de Mondoñedo.
En dirección San Simón da Costa encontramos a capela de San Xulián con advocación a este santo, de gran devocación para os veciños da zona.
O pasado señorial deixou na zona a construción dunha casa Grande o “Pazo de Samarugo”, que conserva a cuidada cheminea e na ala oriental da construción poden verse as pedras que ostentan os Escudos de Armas de Sabela de Castro e Osorio e o escudo de Armas de Pardo de Cela. A vida pacega rematou en Samarugo a comezos do século XVIII, canodo xa se converteu na segunda residencia dos vinculeiros, e posteriormente en 1939 a señora Pardo Elordi vendeuna a un labrador da parroquia de Santiago de Samarugo.
San Xián, 1 de maio
Santiago Apóstol, unha semana despois do 25 de xullo
As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.