MOURENCE (SAN XIAO)

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Santaballa, Lanzós, Gondaisque, Boizán, Sancovade e Vilalba. Dista aproximada 2 quilómetros da capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 270 habitantes (136 mulleres e 134 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 710 hectáreas  distribuídas nos barrios de: Caivancas | Caldraga | O Campo da Pena | A Carballeira | A Ca- sanova | O Castro | O Coto | Os Curros | Dona Orraca | O Escairo | A Fontevilar | Os Freires | Grandisca | A Madanela | Marrube | Os Pasos | O Pazo da Veiga | O Ramallal | Trimaz | Valdesu- so | A Vilara

LUGARES DE INTERESE:

A empinada ladeira do río Trimaz chegamos á parroquia de Mourence, na que atopamos unha nova mostra de arquitectura relixiosa na súa igrexa, construída no século XVI- II e con advocación a San Xiao.

Situada entre os ríos Madalena e Trimaz, o paseo pola zona pode completarse coa visita ás Pontes Rodríguez e a Ponte dos Novos, esta última sita no lugar do Rañego.
Ao valor arquitectónico de ámbalas dúas construcións súmaselle pois a condición de paso cuasi obrigado pola situación da parroquia entre dúas canles fluviais.

FESTAS:

San Xián, 28-29 de maio

As datas son orientativas e poden sufrir modificacións