LANZÓS (SAN MARTIÑO)

San Martiño de Lanzós é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Limita coas parroquias de Vilapedre, San Simón, Samarugo, Goiriz, Santaballa, Mourence e Vilalba. Dista aproximadamente 4 kilómetros da capital da Terra Chá.

No ano 2018, constan 485 habitantes (254 mulleres e 231 homes).

A parroquia de San Martiño de Lanzós ten unha superficie de 3.062 hectáreas e os seus barrios son: O Adro, Bichicán, Biduído, Braínlle, Bustelo, As Cádevas, Caldas, Candorca, Carreiroa, Casa Lousada, O Cotelo, O Coto, O Curadoiro, Escairo, Os Febreiros, Ferreira, Ferreiroa, A Fontevella, Ladrela, Os Lagos, Lamelas, Meixonfría, Moreda, Muruxás, A Pallota, Paraños, O Pazo, O Pedrouzo, A Pereira, O Polo, Ramil, Redondo, O Rego, A Revolta, O Ribado, O Sisto, Touriño, Vilagondriz e Vilate.

As dúas parroquias de Lanzós distínguense polo santo ao que lle renden culto nas respectivas igrexas parroquiais: San Martiño e San Salvador.

LUGARES DE INTERESE:

No lugar do Adro érguese a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921. Promovida pola sociedade “El Progreso de Lanzós”, foi construida a principios do século XX por iniciativa dos veciños da zona, emigrados a Cuba. A construción ten un reloxo no dintel que lle confire gran vistosidade ao conxunto arquitectónico.

O castro de Lanzós, tamén denominado “castro do Adro” é un asentamento situado nunha chaira irregular cun muro defensivo, totalmente conservado, e unha fonte no medio.

No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Alfonso de Lanzós, xefe irmandiño.

O señorío de Lanzós, na Idade Media, tomou parte activa nas Revoltas Irmandiñas.

A capela de San Andrés ten gran sona no lugar pola gran devoción dos veciños ao santo.

FESTAS:

San Xosé, 20 de marzo
San Andrés, 5 de xuño
Virxe do Carme, 17-18 de xullo
San Martiño, 13-14 de novembro

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación