O orzamento dos traballos superou os 55.000 euros e deron resposta ás demandas veciñais
O Concello de Vilalba informa á veciñanza do remate das obras de pavimentación e conservación de varios viais municipais nos núcleos de Vilasuso, Ribeira, Trufas e O Casal, na parroquia de Santaballa.
En concreto, os traballos foron no vial que da acceso ao barrio de Vilasuso dende a LU-P-6519, o vial interior do núcleo de Vilasuso, e no camiño de titularidade municipal sen pavimentar que parte da estrada provincial LU-P-6519 e da acceso a unha vivenda situada ó sur do núcleo de Vilasuso.
As obras realizáronse tamén no vial municipal que da acceso ao barrio de A Ribeira, no camiño de titularidade municipal sen pavimentar que parte de A Vesura, no barrio de Trufas, e discorre en dirección ó monte de Pena Furada ata alcanzar as últimas vivendas do núcleo, e no vial de titularidade municipal sin codificar que comunica o barrio de O Casal coa zona de Os Cotelos.
O orzamento dos traballos superou os 55.000 euros e deron resposta ás demandas veciñais, xa que os diferentes viais atopábanse nun estado deficiente. A actuación na parroquia mellorará a seguridade viaria, tanto dos vehículos como dos peóns.
“Eran tarefas necesarias que forman parte do plan posto en marcha polo noso grupo de goberno para a renovación continua da rede municipal de viais e camiños”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.