Para realizar a actuación, utilizouse un aglomerado de 2,5 centímetros de espesor.
O Concello de Vilalba informa do remate dos traballos de pavimentación, conservación e limpeza de noiros no vial que da acceso ao núcleo de Fontechousa, na parroquia de Distriz.
Para realizar a actuación, utilizouse un aglomerado de 2,5 centímetros de espesor, un material que non se pode utilizar en todos os camiños do rural pero que era apto para este vial.
O concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba, Luis Fernández, visitou esta mañá as obras xunto a pedánea de Distriz, Sara Vázquez Alvariño.
En concreto, as obras foron no tramo que comunica a estrada provincial LU-P-6511 con distintas vivendas no núcleo de Fontechousa e remata na estrada municipal codificada 065_034. Trátase dun dos camiños máis utilizados da parroquia de Distriz, cun percorrido lonxitudinal de 1.305 metros e un ancho de 3,70 metros.
“Con estes traballos damos resposta ás demandas veciñais e melloramos a seguridade viaria, tanto dos vehículos como dos peóns que empregan este vial, despois do acordo acadado entre o grupo de goberno e Vilalba Aberta”, afirma Luis Fernández.