Lembrade que esta semana tedes no Concello de Vilalba a programación infantil para o Samaín 2024. O programa combina actuacións, terror, concursos e gastronomía.
O xoves 31, ás 19:30 horas, poderemos gozar da actuación de Pakolas e Laura Romero no Auditorio Municipal, co seu espectáculo “Ramona Órbita”.
Xa o venres, 1 de novembro, haberá o tradicional concurso de cabazas dividido en dúas categorías: Infantil, para menores de 12 anos e na que haberá 1°, 2° e 3° posto dotados dun diploma e un agasallo; Familias, nas que cando menos un dos membros deberá ter menos de 12 anos e tamén contará con 3 premios dotados de diploma e agasallo.
Podedes consultar as bases nesta nova. De 11:00 a 13:00 será cando os participantes terán que entregar as súas creacións para logo ás 19:00 coñecer os gañadores.
Durante a tarde tamén haberá actividades: túnel do terror, inchables infantís e xuvenís e filloas de balde feitas en directo polas filloeiras de Muimenta. Unha programación completa, a do sábado, que se levará a cabo na Praza da Constitución.