O PRAZO DE MATRÍCULA NOS CURSOS DE NATACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL ESTARÁ ABERTO DO 5 AO 15 DE SETEMBRO

Ofertaranse un total de 375 prazas e as persoas interesadas poderán preinscribirse na recepción da piscina

A piscina municipal abrirá o vindeiro 5 de setembro o prazo de inscrición nos cursos de natación que comezarán a nova tempada, 2024-2025, o martes 1 de outubro.

Para poder presincribirse, todas as persoas interesadas deberán achegarse á recepción da piscina municipal entre o 5 e o 15 de setembro coa documentación necesaria. Nesa liña, será preciso achegar a folla de preinscrición (dispoñible na recepción da piscina), a fotocopia do DNI da persoa solicitante, a fotocopia do número de conta para o cobro das mensualidades e a fotocopia do DNI do titular da conta bancaria.

Como cada ano, as prazas serán limitadas e repartiranse en diferentes grupos en función da idade. No caso dos adultos, estes poderán optar a 126 prazas que se dividirán en cursos de iniciación, nivel medio e perfeccionamento. Pola súa banda, ofertaranse 249 prazas para nenos e nenas repartidas en curso de iniciación, familiarización, nivel medio ou perfeccionamento.

En canto aos criterios de adxudicación de prazas, en primeiro lugar terase en conta a antigüidade e posteriormente procederase ao sorteo daquelas prazas que queden en situación de empate. O sorteo realizarase o 16 de setembro ás 12:00 na piscina municipal e o xoves 19 de setembro farase pública a lista de admitidos.

Finalmente, a partir do 23 de setembro todos os cursillistas que non obteñan praza poderán preguntar na recepción da piscina polas prazas vacantes. En caso de dúbidas, poden chamar ao 982.51.25.30, escribir ao correo usuariospiscinavilalba@clece.es ou consultalas presencialmente na recepción da piscina.