O ONCELLO PUBLICA AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN NA ZONA ARI CUN TOTAL DE 450.364 EUROS PARA REHABILITAR

O Vicealcalde e responsable de Urbanismo Modesto Renda anunciou a publicación das bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a Área de Rehabilitación Integral (ARI). Unha liña de axudas, que porá a disposición dos veciños/as e propietarios que desexen rehabilitar ata 450.364 euros, no marco do Plan Estatal de Vivenda 18/21.

Acompañado polas concelleiras de Turismo e Cultura, Mª Xosé Fernández e Mónica González, Modesto Renda explicou que estas agardadas achegas proveñen das administracións Estatal e Autonómica e o propio Concello de Vilalba, máis alá da súa tramitación, contribúe tamén en termos de financiamento coa exención dos tributos e as taxas municipais en materia de título habilitante de obras.

PRINCIPAIS LIÑAS DE INTERVENCIÓN

️1) Mellora da eficiencia enerxética das vivendas e sustentabilidade das mesmas.

2) Conservación, seguridade de utilización e da accesibilidade das vivendas.

PRAZOS PREESTABLECIDOS

O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes dende o día seguinte á súa publicación no B.O.P., isto é: dende hoxe día 19 de Febreiro e a data límite para presentar as obras xa rematadas e dilixenciadas é o 30/06/2025, dacordo co fixado polo IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo).

Consulta aquí as bases