O GOBERNO ANUNCIA EN CORVELLE A MELLORA E RENOVACIÓN DO VIAL DE ACCESO AO NÚCLEO DAS PEDRAS E DO QUE VAI DA IGREXA DA PARROQUIA A SAMARUGO

O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, anunciou en Corvelle a mellora e renovación do vial de acceso ao núcleo de Pedras, así como a do vial que vai da Igrexa da parroquia á veciña Samarugo.

Dúas novas actuacións que o Concello levará a cabo na presente anualidade e que o Vicealcalde quixo poñer en coñecemento dos veciños/as pola vía dunha concorrida xuntanza, que lle permitíu escoitar as demandas dos presentes e fixar de común acordo coa veciñanza as diferentes obras para o 2024.

“Queremos gobernar escoitando e, entre outras, concretamos como seguinte prioridade mellorar o acceso ao barrio da Abelaira”, explicou.

Renda, que agradeceu a grande afluencia de xente á reunión, lembrou a necesidade de investimentos que teñen as parroquias, pois, a mellora da rede viaria é unha cuestión central para os seus veciños/as.