O CONCELLO REXENERA TOTALMENTE OS 5KM DO VIAL QUE UNE SAN XOÁN DE ALBA E BELESAR

O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe o remate dos traballos de rexeneración total do vial que une as parroquias Alba e Belesar.

Unha moi agardada obra, que deixa completamente renovados os 5 km que comunican a N-634 ao seu paso por Alba cos barrios de As Turbelas, O Curro, Cordal e Meire, dándolle así un acceso digno tanto ás decenas de vivendas ás que dá servizo, como ás parcelas e explotacións agrogandeiras da zona, ata rematar na igrexa e cemiterio de Belesar.

️A actuación incluíu tamén a renovación completa dos máis 500 m do ramal de acceso á escadra de Meire, en dirección Distriz, e a colocación de tubos de drenaxe, con fin de aumentar a vida útil do vial.

Financiada con cargo ó “Plan de Mellora de Camiños de Municipais”, esta nova obra é o maior investimento do que vai de lexi