O CONCELLO REXENERA E MELLORA O VIAL QUE LLE DA ACCESO AO BARRIO DAS HEDRADAS, EN SAN SIMÓN

O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, anunciou hoxe a rexeneración e mellora do vial que lle da acceso ao barrio das Hedradas, na parroquia de San Simón.

Financiada con fondos do Concello, esta obra complementouse coa limpeza de cunetas e, dadas as características do terreo, foi precisa a instalación de tubaxes para a correcta drenaxe e co obxectivo do aumento da vida útil do vial.

Renda, que contrastou coa veciñanza o resultado, salientou a importancia desta nova actuación por tratarse da necesaria mellora dun dos accesos en peor estado de todo o termo municipal.