O CONCELLO REXENERA E MELLORA O VIAL DE ACCESO AO NÚCLEO DE PEDRAS, NA PARROQUIA DE CORVELLE

O Concello de Vilalba rexenera e mellora o vial de acceso ao núcleo de Pedras, en Corvelle. Así o anunciou o Vicealcalde Modesto Renda, quen contrastou coa veciñanza do barrio o resultado dunha actuación que ascendeu ós 20.904€ e que se complementou coa mellora dos tramos en peor estado dos viais que unen esta parroquia coa de Samarugo.