O CONCELLO REXENERA E MELLORA O VIAL DE ACCESO AO BARRIO DA ABELAIRA, NA PARROQUIA DE ROMÁN

O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, anunciou hoxe a renovación e mellora do vial que lle da acceso ao barrio da Abelaira, na parroquia de Román.

O custo total desta nova actuación, que incluíu a pavimentación de varias interseccións, ascendeu ascendeu ós 9.012€ e o financiamento foi ó 100% municipal.

Esta é a primeira obra que o Concello acomete na parroquia dende o inicio da lexislatura e as previsións da área de Infraestruturas Rurais son darlle continuidade coa renovación e mellora do acceso ao veciño barrio da Bardela.