O CONCELLO REDUCE OS TEMPOS DE ESPERA PARA A OBTENCIÓN DE LICENZAS DE OBRA E ACTIVIDADE EN CASE 5 MESES NO ÚLTIMO ANO

O Vicealcalde e responsable de Urbanismo Modesto Renda deu conta hoxe dos resultados do que fora o seu primeiro cambio no departamento (efectuado a comezos da presente lexislatura) isto é: a supresión da antiga Comisión Informativa e a súa substitución por unha especial do Plan Xeral.

Unha decisión tomada “de común acordo” cos servizos técnicos municipais co ánimo de reducir os tempos de espera de veciños/as e empresas pois antes – explicou – “unha vez que resolvían os técnicos e asinaba o concelleiro, o particular tiña que agardar a que se convocara a citada comisión para que posteriormente lle chegara a resolución”.

Este feito, supuña un retraso que chegou a ser de “cinco meses” e neste senso a medida. Con todo, o Vicealcalde deixou claro que esta decisión “en ningún caso afecta en termos de transparencia“, pois a antiga comisión era meramente informativa e “a mesma información que se lles facilitaba aos grupos da oposición se lles facilita agora de xeito dixital.”