O Concello de Vilalba fixo pública a adxudicación das instalacións deportivas a clubes e entidades deportivas para adestramentos durante a tempada 2023-24.
Para este proceso, o concello xa tivo en conta o novo regulamento de uso das instalacións, consultado o pasado verán cos clubes de Vilalba.
“As novas bases reguladoras do uso das instalacións facilitan a xestión e a coordinación dos espazos”, asegura Marta Rouco.
O marco polo que se regula a cesión do uso de espazos deportivos das instalacións municipais é moito máis complexo que fai anos debido ao aumento da rede asociativa local, que require dos mesmos para desenvolver a práctica deportiva.