No vindeiro curso, 2024/2025, serán 51 alumnos e alumnas os que asistirán ao servizo xestionado pola administración municipal
O Concello vén de facer pública a lista provisional de alumnos e alumnas admitidos e en lista de agarda no servizo de madrugadores para o vindeiro curso, 2024/2025.
En total presentáronse 52 solicitudes das cales foron admitidas 51, quedando só unha persoa en lista de agarda no servizo de madrugadores da Escola Infantil de Vilalba.
Pola súa banda, as solicitudes presentadas no CEIP Insua Bermúdez e no CEIP Manuel Mato Vizoso foron todas admitidas. No Insua Bermúdez o servizo de madrugadores atenderá a 16 alumnos, 5 de novo ingreso e 11 que renovan a súa praza da anualidade anterior.
No Manuel Mato Vizoso o número de usuarios do servizo será de 15, 4 de novo ingreso e 11 renovacións. Mentres que na Escola de Educación Infantil as prazas se atopan todas cubertas, 11 por renovación e 9 por solicitudes de novo ingreso, quedando neste caso 1 alumna en lista de agarda.