O CONCELLO MELLORA O VIAL DE ACCESO AOS BARRIOS DA BOUZA E LOURIXE, NA PARROQUIA DE NETE

O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe o remate das obras de mantemento e mellora do vial de acceso á Bouza/Lourixe, na parroquia de Nete.

Os traballos realizáronse ao longo das últimas dúas semanas e á necesaria limpeza das cunetas en todo o vial, sumóuselle a colocación de novas tubaxes de drenaxe e a rexeneración completa dos tramos en peor estado.

Renda contextualizou a importancia desta nova actuación municipal explicando que se trata “con diferenza” do vial que máis tráfico pesado soporta ao longo de todo o ano. Unha circunstancia, esta, que ven dada por tratarse do acceso directo a unha das máis importantes explotacións agrícolas do municipio.

É é xustamente por isto, que a previsión da área de Infraestruturas Rurais é a de facer un seguemento continuado do estado do firme para evitar que a vía volva a estar no estado no que se atopaba con anterioridade ao inicio das obras.