O CONCELLO LAMENTA “O DEPLORABLE ESTADO” NO QUE SE ATOPA A REDE DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO DA RÚA DA PRAVIA

O grupo de goberno do Concello de Vilalba lamenta o “estado deplorable” no que se atopa a rede de abastecemento e saneamento da rúa da Pravia, sen ningún tipo de mantemento en varias décadas.

A empresa encargada dos traballos de renovación da rúa atopou nas últimas datas os entronques da rede xeral nun estado moi deteriorado (imaxes adxuntas), procedendo á renovación inmediata dos mesmos.

As obras de humanización da rúa deixaron en primeiro lugar ao descuberto que algunhas das tuberías antigas eran de plomo. O Real Decreto 140/2003 recolle no seu artigo 20 a prohibición da presenza de plomo en augas subministradas a través dunha rede de distribución pública ou privada.

“Para a nosa sorpresa, detectouse que en numerosas acometidas atopáronse tuberías de plomo e tamén outras de fibrocemento, polo que lamentamos que non se atallara esta situación en toda a rúa nalgunha das ocasións nas que se levantaron beirarrúas e se fixeron obras”, explica o concelleiro de Urbanismo, Luis Fernández.

Agora, o avance dos traballos deixa ao descuberto o estado dos entronques da rede. Coas obras na rúa da Pravia porase fin a estes problemas. “Non se fixo ningún tipo de mantemento en moitos anos; de sabelo, teríamos actuado con anterioridade”, engade Fernández.

A renovación integral e humanización desta rúa inclúe novas canalizacións para o abastecemento de auga, solventando os problemas dunha instalación antiga, obsoleta, e que agora se sabe que co emprego de materiais xa prohibidos e que deberan terse retirado hai décadas.