O Concello de Vilalba celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se aprobou a proposta do grupo de goberno de subvencións nominativas destinadas ás entidades e asociacións que co seu traballo diario dinamizan o pobo, achegan servizos, fomentan o deporte ou potencian a actividade cultural no municipio.
O goberno local reitera desta forma un ano mais o seu compromiso coa necesidade de mellorar a vida dos vilalbeses e vilalbesas a través do tecido asociativo que desenvolve a súa actividade en diferentes eidos, destinando ata 278.600 euros para apoiar o traballo de 42 asociacións e entidades. O obxectivo é potenciar e axudar no seu día a día a estes grupos sociais, veciñais, empresariais, educativos, culturais ou deportivos, nos que participan milleiros de veciños e veciñas.
No ámbito asistencial, recibirán subvencións o Hospital Asilo (10.000 euros); a Asociación de Ex Alcohólicos (10.000 €), a Fundación Vilalba Terra Chá (75.000 €) e Protección Civil (5.000 €).
Dentro das asociacións que desenvolven a súa actividade no eido do ensino, as beneficiarias nestes orzamentos serán as ANPAS dos CEIP Manuel Mato Vizoso (1.500 €), Antonio Ínsua Bermúdez (1.500 €) e da Escola de Educación Infantil de Vilalba (1.500 €), ademais da APA Terra Chá do CEIP de Román (1.500 €). O Concello de Vilalba concede tamén unha subvención de ata 10.000 euros para a Asociación do Carballido para as obras de rehabilitación da escola habanera.
Dentro do deporte, as entidades beneficiarias son o Club Tenis Vilalbés (5.000 €); Club Loitas Olímpicas (8.000 €); Club Vilalba Fútbol Sala (15.000 €); Racing Club Vilalbés (35.000 €); Club Deportivo Santaballés (3.000 €); Asociación Cultural Deportiva Goiriz (2.000 €); Club Deportivo Albense (900 €); Club TDM Vilalba (2.000 €); Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba (3.000 €); Club Baloncesto Terra Chá (3.000 €); Asociación Deportiva Catro Roldas (1.200 €); Club Pádel Vilalba (1.500 €); Club Atletismo Vilalba (1.500 €); Club Deportivo Codesido (900 €); Club Ciclista Terra Chá (1.500 €); Club Atlético Terra Chá (900 €) e Club Ciclista Vilalba-As Pontes (1.000 €); Sociedad Deportiva Rioaveso Machinango (1.200 €), e Capóns Vilalba Rugby Club (1.500 €).
No eido cultural están incluídas a Coral Polifónica Vilalbesa (3.000 €); a Coral Luar (4.000 €); Iescha (6.500 €); Centro Cultural (2.000 €); a Asociación Cultural Liga Santaballesa (3.000 €); a Asociación Praza San Xoán (2.500 €); a Escola de Música de Vilalba (ESMUVI) (2.000 €), a Asociación de Mulleres de Insua (3.000 €) e a Asociación en Movemento (7.000 €). A lista complétase coa Asociación Veciñal San Cosme de Nete (3.000 €) e a Asociación Cultural de Árbol (2.000 €).
Tamén recibirán subvención a Comisión de Festas Parroquiais (30.000 €), así como a Asociación de Empresarios Sete Pontes (4.000 €), para que continúe coa a promoción do comercio local.
Nas partidas aprobadas hoxe no pleno extraordinario está incluída a asociación de apicultores Serra da Carba de Vilalba (2.500 €) para axudar nos costes da campaña velutina.