O CONCELLO DE VILALBA SACA A LICITACIÓN O SERVIZO DE COMEDOR DA ESCOLA INFANTIL NO CURSO 2021/22

O orzamento base de licitación sen impostos é de 46.851,53 euros

O Concello de Vilalba sacou a licitación a prestación do servizo de comedor da Escola Infantil Municipal durante o próximo curso, prorrogable ata un máximo de tres cursos.

A prestación do servizo de comedor supón o conxunto de tarefas precisas para a produción e elaboración de comidas, o transporte ao centro escolar, a atención os/as menores ata a súa entrega aos seus proxenitores, e a recollida e limpeza da instalación.

O orzamento base de licitación sen impostos é de 46.851,53 euros para o curso 2021/22.

O concello asumiu a xestión do comedor na primavera, cumprindo coa súa promesa de que o servizo estivese operativo este mesmo curso.

Máis información e prazos: https://bit.ly/3l314o4