O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, anunciou hoxe a renovación e mellora do vial que une as parroquias de Codesido, Tardade e Distriz.
A obra, que chegou aos dous quilómetros e medio de ámbito de actuación, realizouse ao longo desta última semana e o seu custo ascendeu ós 44.977€ procedentes na súa totalidade de fondos propios municipais.