O CONCELLO DE VILALBA RENOVARÁ O FIRME DA RÚA DE MURAS PARA MELLORAR O TRÁFICO E A SEGURIDADE VIARIA

O Concello de Vilalba xa ten listo o proxecto para as obras de renovación da capa de rodadura da rúa de Muras.

Os traballos terán un orzamento de 48.000 euros e servirán para mellorar o tráfico e a seguridade viaria na rúa, tanto dos vehículos como dos peóns.

En concreto, realizarase o fresado do firme que será renovado con aglomerado, cunha lonxitude de 1.900 metros e un ancho de nove metros e dez centímetros (o engadido dos dez centímetros é para non ter que levantar a rúa, debido ao mal estado no que se atopa).

A actuación é moi necesaria, xa que parte da rúa estaba sen firme, cun pavimento posto sobre terra e cun espesor de tres centímetros.

“Continuamos coa renovación e mellora continua das infraestruturas municipais, moitas delas con erros importantes de construción e mantemento desde hai décadas”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.