O Concello de Vilalba realiza estes días labores de rebacheo na parroquia de Goiriz, en concreto en varios viais dos núcleos de Orbazán, Lagüela e Reguengo.
O concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, e a tenente de alcalde Marta Rouco estiveron hoxe na parroquia supervisando os traballos.
As tareas de rebacheo continuarán nos próximos días noutros camiños da parroquia de Goiriz, en núcleos como Reboiros e Liñares, entre outros.
Estas actuacións son froito dun acordo de colaboración entre o Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo.