O Concello de Vilalba informa da publicación no BOP das bases e criterios que rexen a adxudicación das axudas de ata 900 euros ás familias que precisen contratar servizos específicos para conciliación por carecer de apoios no seu entorno.
As axudas dan resposta ao obxectivo das áreas de Educación, Igualdade e Políticas Sociais do Concello de Vilalba de artellar políticas apropiadas para dar cobertura ás necesidades das familias con menores a seu cargo (de 3 a 12 anos, ou ata 16 cando os menores teñan recoñecida una discapacidade igual ou superior ao 33%).
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 26 de outubro de 2020 e o prazo de xustificación o día 15 de xullo de 2021.
O Concello de Vilalba é consciente da dificultade de moitas familias para conciliar a súa vida familiar e laboral, sobre todo na crise sanitaria actual, e ten en conta que a día de hoxe non é factible implementar un servizo de conciliación público nos centros educativos que cumpra os protocolos xerais dos centros. As axudas só se poderán recibir polos servizos contratados fóra do horario dos centros escolares durante o curso escolar.
As axudas poderán destinarse á contratación de persoas ou servizos (coidador, ludoteca, servizo de autobús) para atender aos seus fillos e fillas menores fóra do horario escolar mentres os seus proxenitores se atopan traballando.
As familias que opten pola contratación dun coidador, xa sexa directamente ou a través dunha empresa de servizos, poderán pedir unha única axuda aínda que a persoa coide a varios menores. Se a familia opta por contratar centros de ocio ou utiliza a axuda para transporte escolar, poderá solicitar unha por cada menor beneficiario.
Estas axudas serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, sempre que sumada ao importe deste axuda non se supere o 100% do gasto realizado. Será condición indispensable que a unidade de convivencia careza de rede natural de apoio, considerándose ésta a exercida pola nai ou pai, e será requisito indispensable estar empadroado e ser fillo ou filla de pais empadroados no termo municipal de Vilalba.
Máis información e bases completas:
BOP
ANEXOS_SOLICITUDE_SUBVENCIÓN_CONCILIACIÓN_2020
ANEXOS_XUSTIFICACIÓN_SUBVENCIÓN_CONCILIACIÓN_2020
DECLARACIÓN_RESPONSABLE_XUSTIFICACIÓN
DECLARACIÓN RESPONSABLES A PRESENTAR COA SOLICITUDE (1)