O CONCELLO DE VILALBA INFORMA DA APERTURA DO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN, UN ESPAZO INCLUSIVO, CON XOGOS ADAPTADOS E SEN BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

O Concello de Vilalba informa á veciñanza de que xa está aberto o parque infantil ubicado na praza da Constitución, despois da súa reforma.
Os traballos serviron para renovar o conxunto da área de xogos, que ten unha capacidade para 52 nenos e nenas de diferentes idades. O orzamento das obras superou os 42.000 euros e unha parte do investimento procedeu da Xunta, correspondéndolle o resto ao concello.
Ademáis de novos xogos, se renovaron as escaleiras de acceso, o firme cun pavimento amortiguador e parte do vallado do parque, que ten todas as medidas de seguridade fixadas pola lexislación.
A zona ten bancos para o descanso e é un parque inclusivo con moitos xogos adaptados, sen barreiras arquitectónicas e cunhas condicións inmellorables para a interacción dos nenos e nenas.
“Continuamos co plan de renovación dos servizos públicos e as infraestruturas do concello, neste caso cunha reforma integral deste parque infantil”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas no Concello de Vilalba.