O CONCELLO DE VILALBA HABILITA UNHA NOVA ZONA DE DESCANSO AO CARÓN DO CENTRO DE SAÚDE

O Concello de Vilalba dá un novo paso na súa aposta pola humanización do casco urbano, habilitando unha zona de descanso ao carón do centro de saúde.

Aproveitando o espazo de arboredo existentes, o concello instalará cinco bancos para o descanso dos veciños. Dous deles xa se poden usar e o concello perimetrará provisionalmente o lugar onde estarán os outros tres, como medida de precaución e á espera de que o Sergas realice unha obras de mantemento nos muros de formigón da zona.

Os bancos serán como os instalados no verán na avenida Terra Chá, realizados con plástico reciclado de alta calidade, 100% reciclables e que ademais non necesitan mantemento. Todos eles contan certificado alemán Blauer Engel para produtos e servizos respectuosos co medio ambiente.

“Traballamos todo o mandato por unha Vilalba máis habitable, modificando os espazos públicos para que as persoas teñan un maior protagonismo, neste caso ademais ao carón do centro de saúde, unha zona moi transitada”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

“Dámoslle ademais unha utilidade a un residuo como o plástico con bancos de moita calidade para o descanso e o lecer dos nosos veciños, apostando pola economía circular e o respecto medioambiental”, engade Fernández, que espera que a zona quede lista “o antes posible, cando o Sergas realiza unhas tarefas de mantemento que son sinxelas e deben facerse xa”.