O Concello de Vilalba celebra este venres, 25 de novembro, o acto institucional de homenaxe ás vítimas con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
A Praza da Constitución acolle, a partir das 12.00 horas, a lectura dun manifesto en repulsa de todas as violencias que día a día se exercen contra as mulleres.
Desde a Concellería de Igualdade e o CIM están a promover esta semana obradoiros nos distintos centros de ensino, encamiñados a comprender a conmemoración deste día e a loita pola igualdade e contra as violencias machistas, da man da axente de igualdade do concello.
Unha parte do alumnado tamén participará neste acto institucional, dentro da axenda de actividades programadas dende o Concello de Vilalba con motivo do 25N.
Así mesmo, convídase a toda a cidadanía a participar do mesmo para expresar con rotundidade a repulsa contra a violencia de xénero.