O Concello de Vilalba fixo hoxe público o listado de admitidos e admitidas nas escolas deportivas municipais.
“Recibíronse un total de 650 solicitudes e os nenos e nenas quedan todos admitidos”, afirma a alcaldesa e responsable da área de Deportes, Elba Veleiro, satisfeita “pola resposta dos veciños e veciñas á nosa aposta por impulsar o deporte e os hábitos de vida saudables”.
Nalgunhas modalidades como ioga e pilates houbo sorteo, xa que a demanda superou á oferta. Haberá unha quenda de agarda por se hai baixas durante o curso.
Quedaron prazas vacantes en todas as modalidades agás fútbol, fútbol sala, ximnasia rítmica e as dúas citadas de ioga e pilates.
No resto das modalidades, ábrese un prazo excepcional de inscrición ata o 11 de outubro.