O Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios presentan o Desfile do Comercio Local  

 A Concelleira de Comercio, María Xosé Fernández, presentou xunto á responsable desta sección na Asoc. de Empresarios Vilalba María Carballeira, o Desfile do Comercio Local. Un evento que reunirá ás principais tendas da localidade, nunha xornada festiva e chea de sorpresas para toda a familia.

Será este sábado 28 de Setembro ás 19:00h no Auditorio Municipal e nel levarase a cabo o sorteo da campaña ‘Volta ó Cole’. Unha iniciativa que tivo unha gran acollida nas últimas semanas.

Para poder asistir, debes adquirir a entrada, que será de balde, na web do Concello ou o mesmo día na billeteira do Auditorio.

Na presentación, estivo presente tamén a edil de Cultura Tamara Rodriguez, pois ao remate da gala terá lugar un novo concerto de Emprazadas na Praza de Santa María, co grupo de Heavy Blues francés “Dirty Deep” no escenario.

A actuación será ás 22:00h e dende o Concello de Vilalba agardamos que todos os veciños/as que poidades vos acheguedes apoiar ó noso Comercio e despois desfrutedes da mellor música en vivo e en directo na Praza.