O CONCELLO DE VILALBA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS IMPULSAN UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL CON MOTIVO DO “BLACK FRIDAY”

En total, 38 establecementos participarán desta campaña.

O Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes presentaron esta tarde unha campaña de apoio ao comercio local, coa que buscan fomentar as compras e o consumo nos establecementos da localidade a propósito do  “Black Friday”, que se celebra este venres 26 de novembro.

Na presentación da iniciativa, baixo o nome de “Black Friday Vilalba 2021”, participaron a alcaldesa, Elba Veleiro; a concelleira de Comercio, Marta Rouco, e a responsable de Comercio da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Antía Naveiras.

Con motivo da celebración do “Black Friday”, o Concello de Vilalba porá en marcha a súa campaña de difusión e promoción do comercio local coa colocación de materiais en distintos espazos públicos do municipio.

En total, 38 establecementos participarán desta campaña, identificados cunha alfombra negra e unha torre de globos na entrada dos propios locais.

Os establecementos realizarán diferentes descontos, desde un 5% ata un 50% ao longo da xornada do venres e prolongarán a súa apertura ata as 22 horas. A iso súmase a campaña de promoción impulsada polo goberno local, que habilitará elementos publicitarios en diferentes espazos públicos.

O Concello de Vilalba busca con esta iniciativa fomentar o comercio de proximidade, un dos motores económicos do municipio.

LISTA DE NEGOCIOS PARTICIPANTES E DESCONTOS

1.       As Nubes Moda (20%)

2.       Rótulos RM (10% artículos en tenda)

3.       Texas (desde un 10% ata un 50%)

4.       Carlin (10% en material escolar, mochilas e portatodos 30%, e artigos variados cun 40% e un 50%)

5.       Cárber Moda (20%, 30% e 50% en artigos sinalados)

6.       Librería Andel (10% en papelería e regalo e 5% en libros, libros de texto non incluídos)

7.       Luis Castro (desde un 10% ata un 30% en artigos de tempada)

8.       Librería Pergamino (10% en todo agás prensa, fotocopias e informática)

9.       Junor (leva o 10% do teu ticket e trócao na túa próxima compra)

10.     Qué Ves Óptica e Audición (descentos do 30% en monturas, gafas de sol, cristais e audífonos, non acumulables con outras promocións)

11.     Retoños (desde un 20% ata un 50%)

12.     Novalux Óptica e Centro Auditivo (20% en todos os artigos da tenda)

13.     O Gato con Botas (30% en calzado)

14.     Sanjurjo Moda (20% en todo agás vaqueiros que estarán ao 15%)

15.     Minds Ocio Infantil (15% en bonos e 20% reserva cumpleaños)

16.     Confecciones Julio (10%, 20% e 30% en artigos determinados)

17.     Zokos (descontos ata un 30%)

18.     Urbo Moda (20% en todos os artigos da tenda)

19.     Lanas y corsetería Pingüín (do 10% ata o 50% en artigos seleccionados)

20.     Peluquería Celia Gómez (ata un 50% en artigos seleccionados)

21.     CarapuchiñaVermella (ata un 30%)

22.     Construfer (desde un 10% ata un 30%)

23.     O Peto Máxico (descontos ata un 50%)

24.     Albosat (Milar) (ata un 10% en artigos seleccionados)

25.     Ferretería Puentes (descontos en electrodomésticos do 15% ao 40%)

26.     Go&Vac (20% en bolsos, bufandas e fulares, e 30% nalgúns modelos de zapatos)

27.     O Rincón Encantado (todo ao 20%)

28.     A Pravia (consumición mínima 1€)

29.     A Esmorga (consumición mínima 1€)

30.     Calzados Baamonde (varios descontos segundo a marca)

31.     Don Zapato Deportes (descontos ata o 20%)

32.     Lolita Blue (descontos ata 30%)

33.     Xoiería Ática  (5% desconto)

34.     Sargadelos (5% desconto)

35.     Fiodecor (15% desconto agás produtos de Nadal)

36.     Peluquería Novostylo (descontos en produtos)

37.     Basic Shop (15% de desconto)

38.     Koketa (20% de desconto en todos os artigos)