O Concello de Vilalba celebra o próximo mércores 28 de agosto a tradicional Xira dos Maiores na área recreativa da Madalena.
A xornada comezará ás 12:30 horas cunha misa que contará coa participación da coral Luar, á que seguirá unha sesión vermú, xantar popular, baile e música co dúo Venus.
O menú nesta ocasión está composto por xamón asado, polbo e churrasco, postre e café, cun prezo de 20 euros por persoa.
“Unha xornada de fraternidade, reencontros e moita diversión, un día moi especial coas persoas maiores de Vilalba”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.
É imprescindible anotarse, coa data límite do 23 de agosto, presencialmente no Concello de Vilalba ou chamando ao número 982 51 03 05.