O Concello de Vilalba celebra este xoves, 21 de decembro, a Feira do Capón 2023, unha cita para poñer en valor o produto estrela da capital chairega.
“Un dos días máis especiais do ano, a mellor maneira de comezar o Nadal”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco, que agradece “o traballo dos 37 criadores e criadoras inscritos para que a feira sexa un éxito”. O censo de capóns supera este ano os 1.200 exemplares.
Dende ás 10.00 horas, momento en que a feira abrirá ao público, todas as persoas que se acheguen á praza da Constitución de Vilalba poderán mercar capóns e desfrutar dos exquisitos produtos do concello e os municipios da comarca como o queixo de San Simón, o roscón de Vilalba, diferentes tipos de carnes, marmeladas, mel ou as filloas de Muimenta.
Ás 11:30 horas será a entrega de premios aos mellores criadores, da man de Antonio Hermida, e ás 12:30 horas comezará a actividad dos foodtruck e as degustacións gratuítas de elaboracións diferentes de capón ata agotar existencias. A ambientación musical correrá a cargo do pasarrúas Mestura de Nete.