O CONCELLO DE VILALBA ANUNCIA O PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA 2023

A concelleira de Cultura, Tamara Rodríguez, vén de facer público o programa completo das patronais de San Ramón e Santa María 2023.

Os festexos, que se celebrarán do 23 de Agosto ao 3 de Setembro, inclúen actividades para todas as idades e gustos, con variedade nas propostas musicais, así como no tipo de eventos organizados polo Concello

Do 14 ao 22 de Agosto

As actividades deportivas terán un papel central. Así, e a modo de antesala das festas, celebraranse dous torneos deportivos que chegan xa á súa quinta edición. Falamos V Torneo de Padel de San Ramón (dos días 14 ao 19) e da V Carreira Nocturna San Ramón (día 19), organizada esta última polo polo Clube de Atletismo Vilalba.

O 22 de Agosto será a quenda do tradicional Torneo San Ramón de Tenis (organizado polo Clube de Tenis Vilalba) que chega xa á súa XXX Edición.

Do 23 ao 27 de Agosto

O 23 de Agosto terá lugar a Xira dos Maiores. Nela actuarán a Coral Luar, a Charanga de Vilalba e do Dúo Estrellas, sendo o 25, 26 e 27 a quenda da tradicional Xira Campestre.

A agardada celebración dará comezo o venres coa Sesión Nocturna dos DJs Da Chaira e dela tomarán parte os artistas Brais Tradd; Cris Vázquez; David García; Decrux; Diego Amigo e Peabody.

O sábado amenizarán a xornada as orquestras Alma Latina e o Grupo Musical Lecer e terá lugar tamén o Trofeo President, organizado polo Racing Clube Vilalbés.

A Xira rematará o Domingo cunha sesión vermú longa amenizada pola orquestra Alabama.

Días 28 e 29

Rematada a Xira, o protagonismo será para os máis pequenos coa celebración do Día Infantil (28) e o Día da Bicicleta (29).

A proposta Biblioteca na Rúa (11:00h na Praza da Constitución) inaugurará un Día Infantil que se completará coa iniciativa Xogos en Familia (12.00h Praza da Constitución e centrada en xogos de corda, carreiras de sacos, ovo e culler…); a Festa Infantil (das 17:00 ás 20:00h con Xogos Xigante de Madeira , xincanas, hinchables, festa Holi…); as XXIX Simultáneas de Xadrez (18:00h na Praza da Constitución) e o espectáculo Circando ás 17:30h, tamén na Praza da Constitución.

As actividades do Día da Bicicleta darán inicio ás 19.00h do día 29 na Praza da Constitución e terán como colofón final o espectáculo The Soulers organizado na Praza de Santa María ás 20:00h.

Día 30 de Agosto

O inicio oficial das festas marcarao a lectura do tradicional Pregón, este ano a cargo da xornalista vilalbesa Marta Gesto Lagüela, e a celebración do Certame Literario de Vilalba.

Días 31 de Agosto e 1 de Setembro

O día grande de San Ramón dará comezo co pasarúas a cargo das agrupacións locais Entre Lusco e A.C Andrade e continuará coas Finais do Torneo San Ramón de Tenis.

A Sesión Vermú deste día correrá a cargo da orquestra Los Españoles (Praza da Constitución) e a esta seguiralle o Concerto da Banda de Musica de Vilalba (20:00h) e a gran verbena a cargo de Los Españoles e a orquestra París de Noia, todo na Praza da Constitución.

O 1 de Setembro, Día de Santa María, abrirase co pasarúas das agrupacións locais Buxos Verdes e Banda de Gaitas Mato Vizoso, sendo a orquestra Los Magos a encargada de amenizar a sesión vermú na Praza da Constitución.

Ás 20:00h, actuarán os Bregadiers como antesala da verbena a cargo da orquestra Los Magos (ámbolos dous na Praza da Constitución) e pechará a xornada a actuación de El Kubo (Campo da Feira) , coñecido por ter o segundo escenario máis grande de Europa.

2 e 3 de Setembro

As agrupacións locais Mestura de Nete e Cerna de Árbol farán o pasarúas do día 2. Unha xornada na que tamén terá lugar o Torneo Rugby 3×3 Santa María, organizado polo Capóns de Vilalba Rugby Club.

A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Principal (Praza da Constitución) e á tarde terá lugar o Festival de Bandas Pepe Guntín con pasarúas cara o Auditorio as 20:00h.

Pechará a xornada a verbena amenizada pola orquestra Principal a actuación de ASSIA na Praza da Constitución.

As festas rematarán o día 3, coa celebración do Día das Parroquias que nesta edición 2023 estará adicada á parroquia de Noche.

O pasarruas correrá a cargo do grupo de gaitas de Tovar, da agrupación local Cerna de Árbol e da Charanga de Vilalba e a sesión vermú e posterior verbena estarán amenizadas pola orquestra Galilea.