O CONCELLO ANUNCIA O REMATE DAS OBRAS DE RECONSTRUCCIÓN TOTAL DA PONTE DA RIBEIRA

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe o remate dos traballos de reconstrución integral da Ponte da Ribeira, na parroquia de Samarugo.

A nova infraestrutura, tivo un custo de 47.000 euros e está pensada para asegurar o paso nunha zona, a da Ribeira, declarada como inundable pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

Tal e como explicou Renda, a actuación preveu o aumento de máis de 50 cm da súa capacidade orixinal, o que permitirá que a nova ponte soporte moito máis caudal en beneficio das parcelas e as vivendas da contorna.

Financiada con cargo ao Plan Único 2024, esta nova actuación municipal supón un paso máis na aposta do Concello de Vilalba pola renovación das infraestructuras das parroquias.