Agora, o xurado será o encargado de decidir a obra gañadora, que se coñecerá previsiblemente o vindeiro 20 de agosto.
O premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba continúa mantendo unha alta participación e, polo tanto, posicionándose como un dos premios de referencia na súa 47ª edición.
Co prazo de presentación das obras pechado o pasado 4 de xuño, o Concello de Vilalba contabiliza un total de 90 traballos presentados, dos cales cumpren coas bases do concurso e acéptanse 71. Os traballos mantéñense nas cifras das obras presentadas en 2020, cando bateuse un récord e se triplicaron os datos de edicións anteriores.
Agora, o xurado será o encargado de decidir a obra gañadora, que se coñecerá previsiblemente o vindeiro 20 de agosto.
“Vilalba consolídase como referencia e punto de encontro para a poesía galega, continuando co compromiso de impulsar e apostar por este Certame”, afirma a concelleira de Cultura, Vanesa Siso.
O Certame Literario de Vilalba é un premio de poesía en galego con case 50 anos de historia, cuxa entrega de premios celébrase tradicionalmente en agosto. Está dotado con 7.000 euros en metálico e a publicación da obra premiada para o mellor poemario inédito escrito en lingua galega.
Dende o seu nacemento, en 1975, recoñecidos autores da literatuta galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño xa recolleron o premio, un dos máis destacados do panorama poético de Galicia. Na última edición, o escritor Xerardo Quintiá gañaba o certame co seu poemario ‘Obra inacabada de Dosinda Christensen’.