CRIBADO CON PCR A MÁIS DE 400 ESTUDANTES E TRABALLADORES DE SERVIZOS ESENCIAIS DE VILALBA

ESTANSE A REALIZAR POLA ELEVADA INCIDENCIA DE PERSOAS ASINTOMÁTICAS NO CONCELLO

Vilalba, 7 de decembro de 2020. Máis de 400 persoas sométense desde a semana pasada a un cribado con PCR no Concello de Vilalba para detectar novos casos positivos de Covid-19 e cortar a cadea de transmisión do virus no municipio.
 
A Consellería de Sanidade xa realizou a semana pasada probas PCR ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Vilalba e hoxe continúa co cribado entre o alumnado de primeiro e segundo de Bacherelato do IES Basanta Silva.
 
A realización deste cribado responde á elevada incidencia de casos asintomáticos de coronavirus en Vilalba.
 
Realizaranse tamén probas ao alumnado do centro Lois Peña Novo e a todos os traballadores e traballadoras de servizos esenciais, como Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, taxistas e persoal do Centro Ocupacional.
 
O Concello de Vilalba agradece a colaboración de todas as persoas ás que se lle realizan as probas, que teñen como único obxectivo mellorar a situación santaria no municipio.