A Deputación investirá máis de 190.000 euros na vía que une Panchita con Oleiros

O Presidente da Deputación visita en Vilalba a vía que une Panchita con Oleiros, onde a Deputación investirá máis de 190.000€

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Rocal, supervisou hoxe xunto á alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, os treitos onde se van desenvolver os traballos de renovación do firme da estrada provincial LU-P-6510, que conecta os núcleos de Panchita e Oleiros, e onde a institución provincial investirá máis de 190.000 euros. 

As actuacións se desenvolverán en máis de 4,5 quilómetros desta estrada. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e a súa correspondente sinalización horizontal, co pintando de marcas reflexivas brancas. O prazo de execución será de 9 meses.

Na visita estiveron tamén o tenente de alcalde de Vilalba, Rodrigo Pavón, e os concelleiros de Infraestruturas, Luis Fernández, e de Medio Rural, Ignacio Criado, acompañados dalgúns veciños e veciñas da parroquia de Oleiros.
 
Esta estrada ten moita relevancia porque conecta as parroquias de Oleiros con outras parroquias como Nete ou Ladra, e permite tamén unha conexión directa con Cospeito e San Xurxo.