A CASA DA CULTURA DE VILALBA ACOLLE ESTE SÁBADO A PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘AS FERIDAS DUN AMOR EFÉMERO’ DE SUE CAMAÑO, GAÑADORA DO CERTAME LITERARIO

A Casa da Cultura acolle este sábado, 6 de maio, ás 12:00 horas, a presentación do libro “As feridas dun amor efémero” de Sue Camaño. A filóloga e profesora foi galardoada na edición do XLVIII Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba.

Neste poemario, Sue Camaño aborda as obras e mitos clásicos que inspiraron os seus versos, así como os temas máis presentes na historia da literatura como o amor e o desamor, a morte, o paso do tempo ou a angustia existencial.

A obra está publicada pola editora Alvarellos con ilustracións de Diego Estebo.

O xurado do Certame Literario formado por Darío Villanueva, membro da Real Academia Española, Ramón Villares, catedrático de Historia, Xulio Xiz, xornalista, e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal, elixiu o poemario desta escritora novel como a máis destacada da última edición na que se presentaron máis de 90 obras.

Ademais do premio en metálico de 7.000 euros, estes galardóns inclúen como premio a publicación do poemario.