novo inventario de camiños municipais do Concello de Vilalba e do comezo dun período de dous meses de consulta e exposición pública.
Durante este prazo, o documento poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que formule alegacións ou reclamacións no caso de consideralas pertinentes. Así mesmo, a través da ligazón https://arcg.is/1n8OWm o contido será accesible mediante un Visor Web.
O inventario recolle a impresión de planos, fichas individuais de cada un dos bens inventariados e un listado de todos os camiños (aclarando se son de titularidade municipal, da Deputación ou doutras administracións).