A desigualdade de xénero é un contexto universal e estrutural que alimenta a violencia contra as mulleres, a cal é a forma máis directa e brutal na que se expresa o sistema patriarcal, mais debemos tomar conciencia de todos os mecanismos previos nos que se materializa a desigualdade, o xerme das violencias.
O III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes reflicte os principais resultados da diagnose realizada para a súa elaboración, tomando como referencia varias áreas temáticas: demografía, mercado laboral, educación, benestar e calidade de vida, deportes, violencia machista.