SANCOVADE (SAN SIMÓN)

Santiago de Sancovade é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Limita coas parroquias de Mourence, Boizán, Noche, Oleiros, Rioaveso, Goiriz e Vilalba.

En 2018 contaba con 1.294 habitantes (668 mulleres e 626 homes).

Esta parroquia ten unha superficie de 1.057 hectáreas distribuidas nos barrios de: Barbeitas, O Barral, A Casanova, Casavedra, O Castro, Chafarica, Chafarra, Cobreiro, O Cotarón, O Forno, A Frouseira, Guadalupe, Guntín, Malvecín, Muíños, Os Novos, Padronelo, Painceira, Paxán, Penas Corveiras, Ponte Escourido, Porto Barroso, Porto da Egua, Porto Segundo, O Ramallal, O Sisto, A Telleira, A Tolda, Valelle, Vilar de Igrexa, Xoberte.

LUGARES DE INTERESE:

Unha das etapas do Camiño Norte de Santiago discorre pola parroquia de Sancovade ata a parroquia veciña de Mourence atravesando terras de labradíos e paisaxes arborizadas.

O muíño do Rañego, rehabilitado no ano 2002, é o punto de partida do paseo fluvial e literario do río Madalena.

A igrexa parroquial, con advocación ao Apóstolo Santiago, e a capela da Nosa Señora de Guadalupe, virxe á que se lle coñece como "a estremeña".

O Paseo do Conde é un fermoso camiño arborizado que conduce ao Pazo de Penas Corveiras, antiga residencia do Conde Pallares e hoxe propiedade privada non visitable. A historia xenealóxica resúmese nos dous escudos de armas que están na fachada principal do edificio.

FESTAS:

Santo Antón, 16 de xaneiro

Santiago Apóstolo, 25 de xullo

Guadalupe, entorno ao 8 de setembro