O Concello de Vilalba acolle dende este venres, día 2 de xuño, e ata o domingo a terceira edición da Feira do Libro ‘Vilalé 2023’, cunha ampla programación de actividades e propostas para todas as idades.
Da man da Federación de Librarías de Galicia e coa participación da Deputación de Lugo, Carlin Vilalba, Libraría Pergamino, Libraría Andel, Libraría Cortizas, o Institutos de Estudos Chairegos e a Libraría Pedreira, a Praza da Constitución acollerá diferentes actos ademais de ofrecer un 10% de desconto na compra de todos os libros.
A Feira comeza esta venres cunha primeira cita para os máis cativos e cativas. A carpa de eventos acolle a representación de “Quixote”, de Caramuxo Teatro, aínda que será pola tarde, a partir das 18:00 horas, cando a historiadora e artesá téxtil Miriam Fernández Otero de por inaugurada a Feira co seu pregón.
Na mesma xornada, serán varios os escritores e escritoras que pasarán polas diferentes casetas para asinar os seus libros como Jordi Cicely, con “Mariela envenena mis sueños”, Ana Meilán, con “Familiando, O aire do lobo Rigoberto” e “8 patas”, xunto a Xulio Pardo de Neyra con “A monxa e o grumete”. O contacontos “Ollo Piollo” de Chus Álvarez e o recital poético de Yolanda Castaño sobre “Materia” que comeza ás 20:00 horas completan este primeiro día de Feira.
Vilalba volverá converterse nestes tres días na capital do libro de Galicia, dando protagonismo aos autores e autoras locais e galegos e axudando á xente a achegarse á literatura cun contacto directo con eles.
Con este obxectivo estarán en Vilalba ao longo da fin de semana Sabela Cagiao Blanco, Eduardo Baamonde, Luz Campello, María Xosé Lamas, María Isabel Ramos Breijo, Ángeles Goás, Juan José Lada Vilariño, Luz Darriba, Sonia Arias, Roberto Novo Rey, Luz Airado, Sonia López Souto, Abraham Pérez e Juan Galán, entre outros.
O horario da feira será de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Pódese consultar a programación completa no documento adxunto