ÚLTIMA FASE DO PROXECTO DE RENOVACIÓN INTEGRAL DA AVENIDA TERRA CHÁ

O Concello de Vilalba acometerá a última fase do proxecto de mellora e renovación integral da avenida Terra Chá, unha das arteriais principais e que máis tráfico soporta no municipio. 

En concreto, o Concello investirá preto de 48.000 euros en pavimentar o tramo pendente, desde o campo de fútbol ata a rúa de Galicia.  

“A Avenida Terra Chá necesitaba unha actuación deste tipo e con esta última fase estará lista, o que suporá unha importante mellora para os vehículos e os peóns”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba. 

Os traballos inclúen a sinalización da avenida e o uso dos mellores materiais disponibles para o aglomerado, co obxectivo de que a infraestrutura esté nas mellores condicións posibles moito tempo.

Nos pasados meses, procedeuse tamén á renovación das beirarrúas e da rede eléctrica da avenida. “Só queda pendente outra actuación para humanizar a contorna, con bancos de descanso e outro mobiliario, na que pensaremos tras rematar as obras”, engade Fernández.