REMATE DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DA VÍA DE TITULARIDADE MUNICIPAL 065-010 NA PARROQUIA DE OLEIROS

O orzamento dos traballos foi de 48.000 euros.

O Concello de Villaba informa do remate das obras de rexeneración e sinalización da vía de titularidade municipal 065_010, entre a estrada provincial LU-P- 6510 e o límite con Cospeito, situada na parroquia de Oleiros.

En concreto, a estrada municipal obxecto da actuación parte dende a vía de titularidade provincial LU-P-6510, no encontro co vial municipal 065-421, que da acceso ó núcleo de O Carboeiro. O seu trazado discorre en dirección sureste durante 1.460 metros, cun ancho medio afirmado de 4,60 metros, ata alcanzar o límite do municipio co Concello de Cospeito.

Trátase dun tramo moi utilizado pola poboación da zona, pertencente a ambos concellos, posto que comunica duas estradas provinciais (a LU-P-6510 no Concello de Vilalba e a LU-P-1702 a poucos metros, no Concello de Cospeito), atravesando diversos núcleos de poboación e explotacións agrícolas e gandeiras.

vial mostraba claras deficiencias de conservación no firme, que se verían incrementadas pola futura pavimentación da estrada LU-P-6510, xa licitada. O orzamento dos traballos foi de 48.000 euros.

“O paso do tempo e o uso deterioraron o pavimento, polo que resultaba urxente a actuación sobre o vial para evitar riscos e garantir a seguridade viaria”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Para dar solución ás deficiencias anteriormente sinaladas, procedeuse á limpeza dos seus noiros, a regularización da súa superficie e a execución dunha nova capa de firme de rodadura a base de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. Tamén instalouse sinalización horizontal e vertical.