O Concello de Vilalba informa da data do terceiro exame correspondente ao proceso selectivo dunha praza de ‘Arquitecto/a técnico’, vacante no cadro de persoal do Concello de Vilalba, en desenvolvemento da Oferta de Emprego Público do ano 2022 e de conformidade ao acordado polo tribunal do proceso.
O terceiro exercicio da fase de oposición, ao que se convoca ás persoas opositoras aprobadas no segundo exercicio, terá lugar o luns 26 de febreiro do ano 2024 ás 11:30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial da Corporación, ubicado no primeiro andar no número 1 da Praza da Constitución.