O PRIMEIRO EXAME DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE ARQUITECTO TÉCNICO NO CONCELLO DE VILALBA SERÁ O 16 DE XANEIRO

O Concello de Vilalba informa da data do primeiro exame correspondente ao proceso selectivo dunha praza de ‘Arquitecto técnico’, vacante no cadro de persoal do Concello de Vilalba, en desenvolvemento da Oferta de Emprego Público do ano 2022 e de conformidade ao acordado polo tribunal do proceso.

O primeiro exercicio da fase de oposición, ao que se convoca ás persoas opositoras terá lugar o martes 16 de xaneiro do ano 2024 ás 13:30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial da Corporación, ubicado no primeiro andar no número 1 da Praza da Constitución.